Xa rematamos...
Ola!! Por fin rematamos.... Xa fixemos todo o que nos quedaba por pulir, e quedamos bastante satisfeitos co noso resultado. E, aínda que un par de actividades nos levaron máis tempo do que pensabamos, gustounos bastante facer este traballo, xa que é un modo de poñer en práctica todo o que aprendimos durante o curso, e tamén, ao deixarnos liberdade para elixir as actividades interactivas que realizaríamos, puidemos desenvolver a nosa creatividade e imaxinación. Pensamos que é un traballo moi completo e co que poder avaliarnos ben, xa que debemos mostrar todo o aprendido. Levalo a cabo resultou divertido porque crear materiais didácticos, aínda que era a primeira vez que o facíamos, é un traballo ameno e agradábel. Por iso estamos contentos, tanto polo resultado final como polo proceso, xa que, inclusive coas chamadas mentres facíamos os materiais, divertímonos e pasamos ratos amenos, aprendendendo xuntos uns dos outros e poñendo en práctica os coñecementos adquiridos durante o cuat...