Obxectivos

Ola a todos!

Como xa vos dixemos na entrada anterior, este blog vai ser destinado aos nenos e nenas de 3º de Primaria, e afondaremos no Bloque 3 do Currículo. Este sería o bloque dos "seres vivos", e nós faremos actividades relacionadas cos seres vivos e inertes, e dentro dos primeiros falaremos acerca dos animais vertebrados e invertebrados.

Con isto queremos conseguir diversos obxectivos, entre eles:

    - Aprender a diferenza entre os seres inertes e os que teñen vida, e dentro destes últimos que comprendan as diferenzas entre aqueles que teñen esqueleto e os que non.

    - Introducir ao alumnado nas TIC mediante diversas actividades que suporán certa interactividade, practicando mediante xogos e cunha exposición final, coa que desenvolver a competencia oral.

    - Afondar na nosa lingua mediante actividades que non só permitan adquirir coñecementos teóricos de Ciencias da natureza, senón tamén que permitan desenvolver a comprensión lectora e escrita.



31tomcat31. (2005) Tigre [Imaxe]. https://flic.kr/p/rZ72VF





Comentarios

Entradas populares de este blog

Actividade en Scratch

Vídeos explicativos