Actividade en Scratch

Ola!! Hoxe rematamos de poñerlle os sons a unha das últimas actividades que estabamos realizando e desta forma conseguimos finalizala, aínda que foi unha das que máis tempo nos levou. Usamos a aplicación Scratch para contar unha historia con diversos animais, e así poder introducir de maneira interactiva preguntas sobre a clasificación destes seres vivos, incluíndo tanto os vertebrados como os invertebrados.

Para que teñades unha pequena idea e unha vista previa do proxecto, estas son algunhas imaxes:


Esta é a protagonista da historia. Unha bolboreta perdida que quere regresar xunto ao resto dos seus amigos/as.


Pero para iso, deberá primeiro atravesar varios lugares no que atopará diversas clases de animais que a axudarán só se consegue adiviñar a clasificación destes... é dicir, utitilizando a imaxe de arriba como exemplo, deberán saber se os pingüíns son aves, ou peixes. Polo tanto, a actividade é totalmente interactiva para que os rapaces e rapazas proben e inlcuso se erren tratando de atopar a resposta correcta, xa que ao momento serán corrixidos.


Animádevos a probar e axudade á bolboreta a voltar ao seu fogar!


Para poder visualizar esta nova actividade, só tes que facer clic en Proxecto Scratch.

Polo tanto xa estamos a piques de rematar todo o material didáctico e xusto hoxe tamén finalizamos toda a guía didáctica que estabamos a realizar. Pronto daremos rematado todo, só faltan as últimas pinceladas.

Un saúdo!!

Alberte, Andrea e Laura.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Vídeos explicativos