Vídeos explicativos
Boas a todos/as!!
Onte estivemos falando sobre as actividades que nos quedaban por rematar, e como nos íamos organizar para ir comentándoas no blog, e ao final decidimos presentárvolas entre hoxe e mañá.
Xa iredes vendo cales son os proxectos que nos quedan por subir, aínda que un par deles xa os mencionamos nas entradas anteriores, pero seguramente non vos lembredes.
Onte subimos a entrada da presentación da teoría, comentando toda a información necesaria para resolver as actividades que propoñemos, e tamén engadimos, noutra entrada distinta, o enlace á páxina onde está o crucigrama dos vertebrados e invertebrados, para reforzar o contido aprendido co PowerPoint.
Agora, para seguir afianzando eses contidos, e antes de continuar realizando tarefas, propoñemos a visualización de diversos vídeos nos que se explican os aspectos máis importantes deste tema.
Neste primeiro vídeo atopamos a diferenza entre os seres vivos e os seres inertes, e se comentan tamén os distintos tipos dentro deles.
No seguinte vídeo se fala acerca dos animais vertebrados e os invertebrados, os cales forman parte do reino animal, mencionado no vídeo anterior. Tras a visualización deste vídeo, posiblemente a comprensión dos diversos grupos dos vertebrados e invertebrados, ademais das características xerais de cada tipo, resultaravos máis doado.
Por se aínda tedes algunha dúbida acerca dos tipos de animais, recomendamos a visualización dos dous seguintes vídeos, o primeiro acerca dos animais vertebrados e o segundo dos invertebrados. Aínda que a información é máis ou menos igual á do vídeo anterior, aparecen fotografías e exemplos variados, e quizais nestes está incluso algo máis ampliada.
Estes dous últimos vídeos, como son da mesma canle de Youtube, teñen o mesmo comezo, polo que, se o preferides, podedes adiantar un minuto o vídeo que vexades en segundo lugar.
Ademais, se pinchades aquí, poderedes acceder a esa canle, onde teredes a posibilidade de ver máis vídeos explicativos acerca do mundo animal, xa que proporcionan información de cada tipo dentro da clasificación dos vertebrados e dos invertebrados, polo que se buscades, atoparedes algo que vos poida servir de axuda.
Outro motivo polo que pensamos que é boa idea deixarvos ese perfil de Youtube á vosa disposición é porque non só ten vídeos de ciencias da natureza, senón que do resto de materias tamén, polo que vos pode servir para afianzar os contidos doutras materias.
Dito isto, nos despedimos ata a noite, cando subiremos a seguinte actividade.
Alberte, Andrea e Laura.
Referencias dos vídeos:
- Elesapiens (6 de febreiro de 2017). Animales vertebrados e invertebrados [Vídeo]. https://www.youtube.com/watch?v=RDUjqgMTSAI
- La Eduteca (2013). Los invertebrados [Vídeo]. https://www.youtube.com/watch?v=LikAcpoqlzQ&t=93s
- La Eduteca (2013). Los vertebrados [Vídeo]. https://www.youtube.com/watch?v=_LvZzt6WnC4&t=1s
- Pase de lista (8 de novembro de 2016). Seres vivos y seres inertes | Características, diferencias y ejemplos [Vídeo]. https://www.youtube.com/watch?v=eHontXsT7TU
Comentarios
Publicar un comentario