Reunión de Teams

Ola de novo!!

Fai un par de días sucedeu esa reunión tan esperada por Teams, na que continuamos coa realización deste novo material didáctico, mencionado xa na anterior entrada. Ímosvos contar xa que é o que estamos argallando. Trátase dunha presentación en PowerPoint na que expoñemos o tema dos seres vivos e inertes. Esta idea xurdiu porque estivemos cavilando sobre como poderíamos facerlle chegar ao alumnado toda esta información, na que, ademais, debíamos engadir as características principais de cada ser, así como exemplos e fotografías deles. Axuntámosvos ao final desta entrada unha foto desta reunión. 

Polo tanto, esta presentación xa fai un tempo que está en marcha e agora mesmo está a piques de ser rematada. Así que subirémola en breves, incluso probablemente esta mesma noite.

Temos algunhas ideas máis pensadas e que tamén van camiño do seu remate, como por exemplo, un crucigrama ou un proxecto de Scratch. Aínda que este último tardaremos un pouco máis en subilo porque nos está require máis traballo pola nosa parte, necesitando desta forma, máis tempo antes de finalizalo. 

Un saúdo!!

Alberte, Andrea e Laura.


Comentarios

Entradas populares de este blog

Actividade en Scratch

Vídeos explicativos