Kahoot

Boas!!

Hoxe rematamos xa a última actividade das que nos propuxemos facer, que é un cuestionario de Kahoot. Neste introducimos 10 preguntas acerca dos seres inertes, dos seres vivos e, coma sempre, dentro deses últimos, dos animais vertebrados e invertebrados. Ademais, tentamos engadir unha imaxe en cada pregunta, aínda que non todas levan unha, xa que era moi difícil non dar pistas sobre a resposta coa fotografía.

Se queredes ver como quedou e vos animades a realizalo, que non leva moito tempo, vos deixo o acceso aquí.

Ademais, hoxe fixemos a última chamada por Teams, na que rematamos a presentación que expoñeremos mañá, que nos serve de apoio visual para a exposición. Tamén rematamos a Guía Didáctica da Actividade 3, e o documento do Material Didáctico, na que nos faltaba introducir o enlace ao Kahoot, o cal tamén rematamos hoxe.

Así, xa deixaríamos rematado este traballo, só nos quedaría entregalo e expoñelo mañá pola mañá.

Alberte, Andrea e Laura.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Actividade en Scratch

Vídeos explicativos