Crucigrama
Ola de novo!
Esta fin de semana rematamos de crear o crucigrama de animais vertebrados e invertebrados. Levounos máis tempo do que pensamos nun primeiro momento xa que, como pretendíamos crear esta actividade con Ardora, tivemos que pensar previamente como íamos a colocar todas as palabras. Como nesa aplicación non se poden poñer máis de 15 filas e columnas, e o crucigrama que fixemos necesitaba máis, tivemos que buscar unha alternativa. Así, decidimos crear este crucigrama en Educaplay, polo que tivemos que comezar de 0.
Dese xeito, hoxe pola mañá, creamos unha conta en Educaplay e comezamos a crear o noso crucigrama. Ao final resultou máis fácil e doado facelo aquí que en Ardora, xa que o esquema do crucigrama o xera automaticamente a aplicación, polo que ti solo debes engadir as palabras coas definicións, e o tempo se o queres limitar.
Así, durante toda a tarde estivemos metendo as definicións correspondentes a cada termo, intentando que estas definicións estivesen relacionadas coa teoría que engadimos no PowerPoint. Unha vez estivo rematada a actividade, e revisada polos 3 compoñentes do grupo, quixemos esperar á noite para subir a entrada, e así nos atopamos agora.
Aproveito para deixarvos acceso a esta actividade, por se vos animades a realizala, así que se pinchades aquí, poderes facela.
Alberte, Andrea e Laura.
Comentarios
Publicar un comentario