Entradas

Xa rematamos...

 Ola!! Por fin rematamos.... Xa fixemos todo o que nos quedaba por pulir, e quedamos bastante satisfeitos co noso resultado. E, aínda que un par de actividades nos levaron máis tempo do que pensabamos, gustounos bastante facer este traballo, xa que é un modo de poñer en práctica todo o que aprendimos durante o curso, e tamén, ao deixarnos liberdade para elixir as actividades interactivas que realizaríamos, puidemos desenvolver a nosa creatividade e imaxinación. Pensamos que é un traballo moi completo e co que poder avaliarnos ben, xa que debemos mostrar todo o aprendido. Levalo a cabo resultou divertido porque crear materiais didácticos, aínda que era a primeira vez que o facíamos, é un traballo ameno e agradábel. Por iso estamos contentos, tanto polo resultado final como polo proceso, xa que, inclusive coas chamadas mentres facíamos os materiais, divertímonos e pasamos ratos amenos, aprendendendo xuntos uns dos outros e poñendo en práctica os coñecementos adquiridos durante o cuat...

Kahoot

Boas!! Hoxe rematamos xa a última actividade das que nos propuxemos facer, que é un cuestionario de Kahoot. Neste introducimos 10 preguntas acerca dos seres inertes, dos seres vivos e, coma sempre, dentro deses últimos, dos animais vertebrados e invertebrados. Ademais, tentamos engadir unha imaxe en cada pregunta, aínda que non todas levan unha, xa que era moi difícil non dar pistas sobre a resposta coa fotografía. Se queredes ver como quedou e vos animades a realizalo, que non leva moito tempo, vos deixo o acceso aquí . Ademais, hoxe fixemos a última chamada por Teams, na que rematamos a presentación que expoñeremos mañá, que nos serve de apoio visual para a exposición. Tamén rematamos a Guía Didáctica da Actividade 3, e o documento do Material Didáctico, na que nos faltaba introducir o enlace ao Kahoot, o cal tamén rematamos hoxe. Así, xa deixaríamos rematado este traballo, só nos quedaría entregalo e expoñelo mañá pola mañá. Alberte, Andrea e Laura.

Actividade en Scratch

Imagen
Ola!! Hoxe rematamos de poñerlle os sons a unha das últimas actividades que estabamos realizando e desta forma conseguimos finalizala, aínda que foi unha das que máis tempo nos levou. Usamos a aplicación Scratch para contar unha historia con diversos animais, e así poder introducir de maneira interactiva preguntas sobre a clasificación destes seres vivos, incluíndo tanto os vertebrados como os invertebrados. Para que teñades unha pequena idea e unha vista previa do proxecto, estas son algunhas imaxes: Esta é a protagonista da historia. Unha bolboreta perdida que quere regresar xunto ao resto dos seus amigos/as. Pero para iso, deberá primeiro atravesar varios lugares no que atopará diversas clases de animais que a axudarán só se consegue adiviñar a clasificación destes... é dicir, utitilizando a imaxe de arriba como exemplo, deberán saber se os pingüíns son aves, ou peixes. Polo tanto, a actividade é totalmente interactiva para que os rapaces e rapazas proben e inlcuso se erren tratando...

Vídeos explicativos

Imagen
Boas a todos/as!! Onte estivemos falando sobre as actividades que nos quedaban por rematar, e como nos íamos organizar para ir comentándoas no blog, e ao final decidimos presentárvolas entre hoxe e mañá. Xa iredes vendo cales son os proxectos que nos quedan por subir, aínda que un par deles xa os mencionamos nas entradas anteriores, pero seguramente non vos lembredes. Onte subimos a entrada da presentación da teoría, comentando toda a información necesaria para resolver as actividades que propoñemos, e tamén engadimos, noutra entrada distinta, o enlace á páxina onde está o crucigrama dos vertebrados e invertebrados, para reforzar o contido aprendido co PowerPoint. Agora, para seguir afianzando eses contidos, e antes de continuar realizando tarefas, propoñemos a visualización de diversos vídeos nos que se explican os aspectos máis importantes deste tema. Neste primeiro vídeo atopamos a diferenza entre os seres vivos e os seres inertes, e se comentan tamén os distintos tipos dentro deles...

Crucigrama

Ola de novo! Esta fin de semana rematamos de crear o crucigrama de animais vertebrados e invertebrados. Levounos máis tempo do que pensamos nun primeiro momento xa que, como pretendíamos crear esta actividade con Ardora, tivemos que pensar previamente como íamos a colocar todas as palabras. Como nesa aplicación non se poden poñer máis de 15 filas e columnas, e o crucigrama que fixemos necesitaba máis, tivemos que buscar unha alternativa. Así, decidimos crear este crucigrama en Educaplay, polo que tivemos que comezar de 0. Dese xeito, hoxe pola mañá, creamos unha conta en Educaplay e comezamos a crear o noso crucigrama. Ao final resultou máis fácil e doado facelo aquí que en Ardora, xa que o esquema do crucigrama o xera automaticamente a aplicación, polo que ti solo debes engadir as palabras coas definicións, e o tempo se o queres limitar. Así, durante toda a tarde estivemos metendo as definicións correspondentes a cada termo, intentando que estas definicións estivesen relacionadas coa ...

Presentación dos seres inertes e vivos

Ola!! Quedamos en subir o PowerPoint fai uns días, pero tivemos diversos problemas, xa que non puidemos quedar para facer unha reunión debido a que os horarios de cada un non coincidían. Hoxe xa nos conectamos e decidimos subilo ahora. Sentimos o retraso pero aquí volo deixamos. Ademáis, decidimos subir hoxe á noite a seguinte actividade, relacionada coa clasificación dos animais, a cal estamos a piques de rematar, xa veredes despois cal é. Ata a noite entón!! Alberte, Andrea e Laura.

Reunión de Teams

Imagen
Ola de novo!! Fai un par de días sucedeu esa reunión tan esperada por Teams, na que continuamos coa realización deste novo material didáctico, mencionado xa na anterior entrada. Ímosvos contar xa que é o que estamos argallando. Trátase dunha presentación en PowerPoint na que expoñemos o tema dos seres vivos e inertes. Esta idea xurdiu porque estivemos cavilando sobre como poderíamos facerlle chegar ao alumnado toda esta información, na que, ademais, debíamos engadir as características principais de cada ser, así como exemplos e fotografías deles. Axuntámosvos ao final desta entrada unha foto desta reunión.  Polo tanto, esta presentación xa fai un tempo que está en marcha e agora mesmo está a piques de ser rematada. Así que subirémola en breves, incluso probablemente esta mesma noite. Temos algunhas ideas máis pensadas e que tamén van camiño do seu remate, como por exemplo, un crucigrama ou un proxecto de Scratch. Aínda que este último tardaremos un pouco máis en subilo porque nos e...